O Outono Fotográfica, organizado desde a Casa da Xuventude de Ourense, que depende directamente da Vicepresidencia da lgualdade e do Benestar a través da súa Dirección Xeral de Xuventude o Solidariedade da Xunta de Galicia, é un evento no que durante o mes de novembro a través dun programa que engloba non só exposicións, senón conferencias, cursos, a demais eventos, recapitula a actividade fotográfica xerada en toda Galicia durante todo o ano. Referente nacional de iniciativas de fotografía, o Outono Fotográfico enche de todo aquilo que ten que ver coa imaxe gran parte das salas de toda Galicia e centra o groso das iniciativas na cidade a na provincia de Ourense.
Desde hai uns cuantos anos, a organización conta co noso club para levar a cabo a faceta audiovisual do Outono, o que ven sendo a Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán, que chegou o ano pasado a oitava edición, grazas a colaboración case decisiva da Fundación Florencio Alvarez María Teresa Esteban desde o ano 2002.
Neste 2007, presentamos a novena edición da Semana Audiovisual cun, coidamos interesante programa