Fundación

Florencio Álvarez

ANO

TIPOLOXÍA

TÉCNICA

A imaxe fai referencia ó traballo na agricultura galega. Nela, vemos en primeiro plano a dous personaxes traballando no campo, e nun segundo plano vemos a outras persoas desfrutando do día de praia. Un dos dous labregos dille ao outro de forma irónica: “Pásame o bronceador”, xa que ambos están traballando na terra en vez de desfrutar da praia como os demais e o moreno que eles poden “lucir” é por traballar ó sol.

Esta caricatura reflexa o duro traballo da agricultura en Galicia, xa que por aqueles anos, había un gran número de persoas que se dedicaban a este sector e aquí, Quesada mostra o tempo e dedicación que os labregos lle dedicaban a coidar as terras, tendo moi pouco tempo para si mesmos.

Shape
Fundación Florencio Alvarez
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.