Fundación

Florencio Álvarez

Sobre nós

A fundación
florencio álvarez

A Fundación Florencio Álvarez – María Teresa Esteban foi creada en 1991 por Florencio Álvarez para encauzar os seus obxetivos de contruibuir o desenvolvemento de Ourense e Galicia no campo económico, social e cultural.

Shape

O noso fundador

Florencio Álvarez

“Atender as demandas insatisfeitas e ofrecer solucións alternativas.”

Aurea Álvarez Yagüez

Florencio Alvarez, Fillo de Antonio Alvarez e Juana González, naceu en Manzanillo , Cuba en 1920. Era o menor de 5 irmáns. A súa nai morreu cando el tiña dous meses. Ao seu pai non queda máis remedio que volver a Galicia cos seus fillos, pero vese obrigado a realizar numerosas viaxes a Cuba para atender os negocios que deixara alí, é por iso que mentres os demais irmáns xa tiñan idade para ingresar internos en colexios, Florencio ata que chegue a ter idade de acompañar aos seus irmáns no internado queda ao coidado dunhas tías en Montederramo. Chega o día en que Florencio puido tamén ingresar no Colexio de Villafranca del Bierzo, e cando os seus irmáns terminan os seus estudos veñen a Ourense e Florencio segue estudando no Colexio Salesianos.

Pasan uns anos e a Florencio chégalle o momento de poñerse a traballar e comeza a facelo á beira do seu pai nos negocios de café. El quere ser independente e monta un negocio de coloniais, que aínda que non sae como esperaba e ten que pechalo, non desespera e empeza de novo coa fabricación de licores, poñendo en marcha a Licorera Peninsular. Con 25 anos véndea.

O seu pai Morre en 1947 e reparte a herdanza entre os seus fillos, Florencio vende a súa participación do tostadero de café a un irmán e equitación ese mesmo ano xunto co seu irmán Juan O Tostadero de café As Antillas.

En 1948 casa con Teresa Estaban Valcárcel.

Juan e Florencio seguen traballando xuntos e poñen en marcha unha empresa de Construción chamada Alfer, levantando numerosos edificios destacando os colexios cardeal Cisneros e Maristas, e os cimentos da Torre de Ourense. Os irmáns danse conta de que o mundo da construción non é o seu e deciden deixalo.

A principios dos anos 70 toman a decisión de separar os negocios entre os dous irmáns. Florencio á parte de seguir coas Antillas compra en 1972 Cafés Campos, e entra a formar parte de grupos como Cervexas San Martín, a fábrica de Camisas de Orens e os Laminados de pedra Goisa, sendo un dos promotores do relanzamento do polígono industrial de Ourense. O seu recoñecido nivel de gran empresario con gran solvencia económica leva a un grupo de amigos que aspiraba a facerse cargo do Club Deportivo Ourense a convidarlle a asumir a Presidencia.

Florencio Alvarez fixo a súa incursión política sendo presidente da Cámara de Comercio, Presidente do Consello de Administración da Caixa de Aforros de Ourense e Vicepresidente da deputación. Foi un adiantado ao seu tempo e quixo separar ás caixas de Aforros dos partidos políticos.

En 1991 constitúe a Fundación Florencio Alvarez – Mª T. E., herdeira de todo o seu patrimonio, deixando o nomeamento de Presidenta á súa sobriña Aurea Alvarez Yagüez na primeira reunión como ordenan os estatutos, nomeando Director e apoderado Xeral a Luciano Vázquez Varela.

Aos 67 anos enferma de cancro de colon e morre en 1992 aos 72 anos.