Fundación

Florencio Álvarez

As nosas

COLABORACIÓNS

mostrar por ano
Anos colaboraciones - slider
20002024

Colaboración co Banco de Alimentos de Ourense

A Fundación Florencio Álvarez realiza un labor solidario e altruísta, achegando produtos alimenticios para cubrir as necesidades das familias que se atopan en situación de vulnerabilidade na provincia de Ourense.

2024

Colaboración co club de fútbol ourensán.

A Fundación Florencio Álvarez realiza un labor solidario e altruísta, achegando unha cantidade económica coa finalidade de contribuír á educación e formación integral dos nenos ourensáns a través da práctica deportiva.

2024

Escola Deportiva Ourensá

Dende o 2009 a Fundación Florencio Álvarez colabora con dita escola na axuda para continuar co seu traballo de formación dos nenos no ámbito deportivo.

2020

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO

Humanizar a asistencia hospitalaria e atender as necesidades que non son cubertas a nivel sanitario, tanto dos enfermos oncológicos como dos seus familiares, son os obxectivos do programa de voluntariado que a AECC desenvolve no CHOU, cuxa última incorporación é o Carriño Don Amable.

Esta achega da Fundación Florencio Álvarez consiste en subir ás dez da mañá co ?Carriño D.Amable? á 1ª planta do Santa Mª Nai, nel ofrécense infusiones, café, caramelos, zumes ou augas para aportar unha pincelada agradable aos tratamentos. Debido á boa acollida deste servizo decidiuse asinar un convenio de colaboración coa AECC para prorrogar e ampliar devandito servizo.

2019

Patrocínase un campus de fútbol sala que leva o nome do fundador

2018

A Fundación Florencio Álvarez concede unha beca ao ciclista Carlos Canal

Ver nova en laregion.es

2018

Bolsa deportiva ao ciclista ourensán Iván Feijoo

Ver nova en laregion.es

2017

CLUBE ALPINO OURENSÁN

As colaboracións da Fundación co Clube Alpino consisten na celebración de conferencias que imparten figuras do alpinismo a nivel mundial. Entre outras a Fundación trouxo a Ourense a:

• Chus Lago:1ª muller española en ascender ao Everest sen osíxeno.
• Alberto Iñurrategui: Alpinista que conseguiu escalar os 14 “ochomiles” cativounos coa súa conferencia :Hire Himalaya:.
• Kurt Diemberger
• Edurne Pasabán
• Juanito Oiarzábal
• Jesús Calleja: Protagonista do programa “Desafío Extremo” da cadea de televisión Catro, nos deleitó cunha proxección da súa ascensión a Llotse, a cuarta montaña máis alta do mundo, sendo o único español en chegar á cima.

2017

O Club Alpino está comprometido coa igualdade de xénero neste deporte

Ver nova en laregion.es

2016

Axuda para a Escola de Tríatlon Pavillón de Ourense

2016

Axuda para o libro “Anuncios” de Maribel Outeiriño

Ver nova na seguinte ligazón: laregion.es

2016

Axudar á Sociedade Cultural Artística Recreativa “La Troya”

Axudar á Sociedade Cultural Artística Recreativa “La Troya” para amoblar o auditorio que leva o nome do fundador “Florencio Álvarez”.

2015