Fundación

Florencio Álvarez

ANO

TIPOLOXÍA

TÉCNICA

CARICATURA-4-PIO-CABANILLAS-1983

Esta caricatura presenta unha escena cotiá, onde dous personaxes semellan pasear e comentar unha situación concreta dun político destes anos: Pío Cabanillas.

Pío Cabanillas foi un político cunha larga traxectoria: foi subsecretario no Ministerio de Información e Turismo no período de Fraga, despois foi nomeado ministro de Información e Turismo no goberno de Carlos Arias Navarro (1974); máis tarde foi deputado no Congreso (1977 ata 1986); tamén ministro de Cultura e Benestar (1977 ata 1979); un ano despois, ministro adxunto de ó Presidente (1980 ata 1981), de seguido, ministro da Presidencia (1981) e finalmente, ministro de Xustiza (1981 ata 1982). Con este recorrido en política, Quesada fai mofa da cantidade de Ministerios polas que Pío Cabanillas pasou e exerceu como ministro; por isto a pregunta que fai un dos personaxes: “¿Que será de Pío Cabanillas? ¿Non se metería a cura?”; o outro responde con ironía: “Era o que lle faltaba…Ser ministro de Dios”.

Shape
Shape

Descobre moitas

Máis Caricaturas