Fundación

Florencio Álvarez

A Rexión “Luz Cánovas Martínez: O 97% das embarazadas pide anestesia”

Compartir

A anestesista Luz Cánovas é a coordinadora do ?Manual de Anestesia Obstétrica?, que presentou onte no Colexio Oficial de Médicos de Ourense.

Luz Cánovas, anestesista do Complexo Hospitalario de Ourense. (Foto: Miguel Anxo)O servizo de Anestesiología do Complexo Hospitalario de Ourense acaba de presentar o ?Manual de Anestesia Obstétrica?. ¿En que consiste?

É un libro financiado pola Fundación Florencio Alvarez-María Teresa Esteban que escribiron os anestesistas do Hospital Materno Infantil de Ourense, que son oito (cada un escribiu tres ou catro capítulos), e no que colaboraron todos os facultativos do servizo de Anestesiología do CHOU. En total, o libro consta de 23 capítulos con información actualizada en formato conciso e práctico, dirixida aos profesionais que están relacionados coa Obstetricia, tanto aos anestesistas como aos médicos en formación (MIR) desta especialidade.

¿Por que xorde a necesidade de elaborar un manual?

Este é o primeiro manual de Galicia e a idea naceu ao incrementarse o volume de anestesistas de Obstetricia. Antes eramos sempre os mesmos os que faciamos as gardas nesta sección, pero agora os facultativos do servizo imos rotando, de aí a necesidade de facer un protocolo de actuación en determinadas situacións para mellorar a calidade asistencial. Por iso, en principio o libro distribuirase a todos os asistentes á reunión deste ano da Sociedade Galega de Anestesistas.

¿Que aspectos da especialidade aborda?

Técnicas rexionais e xenerais de analgesia e anestesia dedicadas ao traballo de parto e cesárea, pautas de anestesia e analgesia que podería necesitar unha muller embarazada en situacións non obstétricas, tratamentos de complicaciones anestesiológicas obstétricas e gestantes con patologías asociadas. Finalmente, manexo de traumatismos e paradas cardiorrespiratorias da gestante.

¿Cal é a situación actual do servizo de Anestesiología?

Somos máis de 40 anestesistas para atender os quirófanos do Hospital Xeral e do Materno Infantil (Ginecología, Obstetricia e Pediatría), e a unidade da dor e a de coidados críticos. Ademais, realizamos un labor docente -formamos catro médicos por ano e impartimos cursos de doctorado dependentes da Universidade de Vigo-.

¿O servizo tamén sofre falta de médicos?

Hai un intento de contratar a máis profesionais, pero tampouco hai anestesistas no mercado laboral. Con todo, o servizo está ben cuberto, non nos queixamos.

¿Sería necesario crear unha unidade de anestesistas obstétricos no hospital?

Non. Xa hai un coordinador desta especialidade. Ata fai un par de anos eramos seis os médicos que faciamos as gardas aquí e agora somos máis.

¿Cantas mulleres embarazadas atenden ao ano no servizo?

Cada ano, 1.500 pacientes embarazadas subsidiarias de parto espontáneo ou cesárea. Destas, un 40% poden ter patologías asociadas e requerir un manexo especial.

¿A implantación do parto natural diminuirá a carga de traballo?

Hoxe o 3% das parturientas xa rexeita a anestesia. Pero, parto natural non significa que non che poñan a epidural, xa que as mulleres piden as dúas cousas, pois as que optan pola bañera de dilatación poden acabar pedíndoa. Estamos poñendo un 90% de epidurales, excepto nos partos urxentes, nos que utilizamos analgesia intradural que é máis potente e rápida.

¿Que porcentaxe de complicaciones pode xerar a anestesia?

Son moi raras, pero se a embarazada chega con hipertensión, por exemplo, pode presentar problemas. Un 6% pode sufrir cefalea ou dor de costas.

Ligazón á Noticia

Segue conectado

Máis novas