Fundación

Florencio Álvarez

A Rexión “800 escolares participan nos concertos didácticos do Festival de jazz de primavera”

Compartir

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on pinterest
Share on email

O “Festival de jazz de Primavera”, que organiza o Café Latino, ofrece entre hoxe e mañá catro concertos para escolares no Auditorio municipal. Esta iniciativa, novidade desta edición, conta co grupo ?The New Orleans Blue Stomper? como mestres e chegará a 800 escolares.

O “Festival de jazz de primavera”, que organiza o Café Latino, vive desde o pasado 6 de maio o que supón a súa trixésima edición. A programación deste ano subiu xa ao escenario a grupos de gran prestixio no mundo do jazz como “The Charlie Parker Legacy Band”, “Dúo” (Jacobo de Miguel e Ton Risco) e “The Trumpet Summit Band”. E seguirán pasando tanto polo Café Latino como pola Praza de Santa Eufemia outros tantos ata que chegue ao seu fin o próximo 29 de maio.

No entanto, o festival acolle hoxe e mañá o que representa a gran novidade desta edición e na que están postas todas as miradas de face a darlle continuidade en próximas citas: os concertos didácticos para escolares de distintos centros da cidade. Serán en total catro actuacións (dúas por día, unha ás 10 e outra ás 12 horas), co Auditorio municipal como punto de encontro e cos integrantes do grupo catalán “New Orleans Blue Stompers” como mestres de cerimonia.

Esta iniciativa, que conta co apoio da Fundación Florencio Álvarez, tradúcese en sesións dunha hora cada unha e con 200 nenos por sesión. Segundo explicaba onte o organizador do evento, Eduardo Rodríguez, os concertos preséntanse de forma “amena e divertida”, nos que os músicos presentarán aos escolares a historia do jazz con música en directo.

Os integrantes do grupo “New Orleans Blue Stompers” que imparten estas clases magistrales son profesionais ?experimentados e moi versados neste tipo de iniciativas?, segundo o propio Eduardo Rodríguez, e veñen avalados pola súa traxectoria didáctica como profesores no Conservatorio de Barcelona así como polos seus anos de dedicación a este tipo de concertos para nenos traballando para a Fundación A Caixa.

Ademais da súa participación na iniciativa formativa, o grupo (xa co trompetista Wendell Brunious) ofrecerá un concerto público mañá, venres 22, na Praza de Santa Eufemia ás 23.30 horas.

PROGRAMACIÓN

Oito citas cos mellores sones jazzísticos

Á marxe dos catro concertos didácticos para escolares, o “Festival de jazz de primavera” fixa na súa programación da presente edición un total de oito actuacións musicais que traen a Ourense o mellor do jazz nacional e internacional. As portas do Café Latino abríronse xa a tres concertos, pero a programación continúa.

O concerto máis inmediato é a “Jam Sesión” que acolle hoxe o establecemento hostelero (23 horas). A seguinte das citas será mañá na Praza de Santa Eufemia (23.30 horas) con “The New Orleans Blue Stompers” e tras ela chegarán “Dado Moroni Trío”, o domingo 24 (23 horas) en Café Latino; o grupo “Open Doors” con Abe Rábade ao piano, o xoves 28 (23 horas) no mesmo local, e a banda “Metro” o venres 29 (23.30 horas), na Praza de Santa Eufemia.

Ligazón á Noticia

Segue conectado

Máis novas