O ano que finalizou deixou a Progape a incorporación dunha nova empresa, á súa lista de colaboradores. A firma lucense Galeno comezou a enviar ao albergue ourensano medicamentos e penso. Con ela son catro -Carrefour, Coren e Sergade veñen aportando alimentos e medicinas desde fai anos- as empresas privadas que axudan ao mantemento das instalacións das Eiroás. A protectora conta, ademais, cunha achega da Fundación Florencio Álvarez todos os anos e coas cotas dos seus 180 socios para sufragar todos os gastos orixinados polos cans e gatos que viven neste refuxio.

Programación completa do XXVIII Festival de Jazz do Café Latino de Ourense 2026
O Festival de Jazz Primavera do Café Latino de Ourense celebrará a súa 28ª edición con sete concertos entre o 6 de maio e o 1 de xuño de 2026.

