A Fundación Florencio Álvarez distinguise durante os últimos anos en distintas facetas da sociedade ourensana, entre as cales destaca tamén o mundo do deporte, que consideran «xunto coa educación e a cultura, tres pilares básicos».
Despois da súa vinculación para respaldar a labor da Escola Deportiva Ourense (con máis de 500 rapaces inscritos en 2015) e do Clube Marusia (con escolas en distintos puntos da provincia), agora lle toca o turno a Hassan Lekhili, atleta marroquí afincado na cidade e cunha sólida traxectoria, incluído o seu paso polos máis altos niveis nacionais coa Academia Postal, ata recalar no Ourenrunning, adestrado por Santi Saco.
O padroado da fundación aprobou a solicitude do clube para costear o material deportivo que utilizará o fondista ao longo de todo o ano, entregado onte por Marco Vázquez, quen agradeceu a colaboración de CoolSport.

Programación completa do XXVIII Festival de Jazz do Café Latino de Ourense 2026
O Festival de Jazz Primavera do Café Latino de Ourense celebrará a súa 28ª edición con sete concertos entre o 6 de maio e o 1 de xuño de 2026.

