Fundación

Florencio Álvarez

ANO

TIPOLOXÍA

TÉCNICA

Esta caricatura mostra unha personificación do estatuto galego de 1980, o cal está sendo dividido por catro persoas. Esta escena fai referencia a celebración do referendo sobre a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia onde se lle preguntou ós votantes si ratificaban un proxecto da lei do Estatuto de Autonomía de Galicia que organizaba as provincia de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra nunha comunidade autónoma de España. A pesar de que unha gran maioría dos votos foi a favor, houbo notables divisións entre os partidos políticos, non soamente os que estaban a favor, en contra ou os que se abstiveron; se non entre os partidos que estaban a favor do “SÍ”, non lograron chegar a un acordo en facer unha campaña conxunta, organizando diferentes campañas separadas. Quesada fai referencia a división que houbo naquel momento no que houbo tanta división de ideas entre os galegos.

Shape
Shape

Descobre moitas

Máis Caricaturas