Prevención e humanización. Sobre eses dous conceptos fixeron virar onte as valoracións sobre o Día mundial do cancro de mama os representantes ourensáns da administración sanitaria, os profesionais médicos e os voluntarios da asociación contra o cancro…
A prevención vinculouse a un dato: o medio centenar de mamografías que o CHOU realiza cada día, en ocasións acompañadas de ecografías para obter un diagnóstico máis concreto. En canto á humanización, administración, asociación e fundación Florencio Álvarez presentaron onte o segundo Carriño Don Amable que funcionará no hospital para facer a vida máis doce a enfermos e familiares.

Programación completa do XXVIII Festival de Jazz do Café Latino de Ourense 2026
O Festival de Jazz Primavera do Café Latino de Ourense celebrará a súa 28ª edición con sete concertos entre o 6 de maio e o 1 de xuño de 2026.

