Por terceiro ano consecutivo a fundación ourensá Florencio Álvarez asinou un convenio de colaboración coa asociación contra o cancro, achegando 11.000 euros para a dotación dun servizo xa familiar no servizo de oncoloxía do hospital Santa María Nai: o carriño Don Amable.
Co convenio do 2009, a asociación estenderá esta prestación á planta de hematología, no hospital Cristal, onde tamén son tratados pacientes oncolóxicos. Trátase dun carriño con café, infusións e zumes que os voluntarios portan nas súas visitas de apoio ás plantas para romper a rutina hospitalaria e achegar un respiro aos pacientes e aos seus familiares.

Programación completa do XXVIII Festival de Jazz do Café Latino de Ourense 2026
O Festival de Jazz Primavera do Café Latino de Ourense celebrará a súa 28ª edición con sete concertos entre o 6 de maio e o 1 de xuño de 2026.

